18:00
Ciclo Pensarmos: Xosé Ramón Veiga Alonso

Ciclo Pensarmos: Xosé Ramón Veiga Alonso

Xosé Ramón Veiga Alonso ofrece un relatorio titulado "O máis difícil é aceptar a derrota: Pluralismo político, participación e democracia no século XIX".

Quedades convidadas e convidados a un espazo compartido de reflexión e análise crítica do mundo que nos tocou vivir. Se pensar vos presta, agardámosvos cunha única condición, a predisposición a gozar das palabras compartidas. Iniciado en 2019, o ciclo Pensarmos continúa en 2023 para ofrecernos a oportunidade de encontrarnos con nomes relevantes no pensamento actual que establecerán un diálogo tanto con integrantes da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega como co público asistente sobre temas tan vixentes como feminismo, fascismos, verdade, intimidade, investigación, precariedade ou humanismo.

Apertura de inscrición: 4 de setembro!

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android