10:00
Territorio, patrimonio e identidade. Pensar o mundo dende Galicia

Territorio, patrimonio e identidade. Pensar o mundo dende Galicia

O territorio, o patrimonio e a identidade son tres realidades que se fusionan na conformación cultural galega, cuxa conceptualización se vén complexizando nos últimos anos, motivada polo papel capital que o concepto holístico de paisaxe cobrou nas políticas patrimoniais. No territorio transcorren as relacións entre as sociedades, polo que é un documento produto delas. Un concepto oteriano que nos achega á complexidade paisaxística que fai realidade espacialmente a sociedade moderna líquida de Bauman. Mentres o patrimonio é pegada e memoria seleccionada, é tamén acervo conformado por procesos socioculturais de constitución da memoria, da identidade e da herdanza cultural. Nesta xornada afondaremos nestas tres realidades dende unha ollada interdisciplinaria, transversal e plural.

Máis información e inscrición http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201518

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android