10:00
Límites plantearios. Unha ollada socioeconómica dende Galicia

Límites plantearios. Unha ollada socioeconómica dende Galicia

O Centro de Resiliencia de Estocolmo desenvolveu no ano 2009 o concepto de ‘límites planetarios’ e identificou nove procesos claves para a estabilidade e habitabilidade da Terra, así como os límites que non poderían superarse. Os nove procesos identificados fan referencia a: Crise climática; Acidificación dos océanos; Buraco de ozono; Ciclo do nitróxeno e o fósforo; Uso da auga; Deforestación e outros cambios no uso do chan; Perda de biodiversidade; Contaminación de partículas na atmosfera; Contaminación química.

Dende entón, xerouse infinidade de traballo que trata de cuantificar e entender o estado deses límites. Polo de agora, as novas non son especialmente boas, pois cinco destes nove límites xa foron superados: a crise climática, a perda de biodiversidade, a alta contaminación, a deforestación e outros cambios no uso do chan, e o empeoramento do ciclo do nitróxeno e o fósforo.

Na primeira parte desta xornada analizaremos o impacto do cambio global na agricultura e nas posibles crises de alimentos, así como na biodiversidade e nos ecosistemas a escala global. Na sesión da tarde, profundaremos nalgúns dos cambios fundamentais sufridos polos ecosistemas galegos, que condicionan a calidade ambiental de Galicia e xeran múltiples consecuencias tanto para a sociedade como para a economía e a saúde da poboación. Falaremos tamén sobre algúns cambios sociais requiridos e sobre a necesidade de determinadas políticas de adaptación e mitigación.

Apertura de inscrición o 4 de setembro

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android