16:00 hasta las 18:00
Mulleradas. Un obradoiro do pracer con Gena Baamonde e A Panadaría

Mulleradas. Un obradoiro do pracer con Gena Baamonde e A Panadaría

O Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza, no marco da xornada Pensar con Orgullo IV, o obradoiro "Mulleradas. Un faladoiro do pracer", que terá lugar o martes 20 de xuño de 2023, de 16:00 a 18:00 horas, no salón de actos do CCG.

O obradoiro, coordinado por Gena Baamonde e A Panadaría, está dirixido a mulleres a partir dos 50 anos.

Nun espazo íntimo e seguro, desenvolverase unha xuntanza de autocoñecemento e intercambio da nosa memoria afectiva e do pracer. Cun enfoque feminista e de xénero, falarase con naturalidade de sexualidade e diversidade nas mulleres a partir dos 50 anos e da importancia que ten para a nosa saúde e benestar. Esta actividade comezará cunha breve lembranza á historia das pioneiras Elisa e Marcela.

Importante inscrición -A inscrición para participar neste faladoiro -con 20 prazas dispoñibles e destinado a mulleres de máis de 50 anos- habilitarase neste web o día 13 de xuño de 2023 a partir das 10:00 horas. -As prazas cubriranse por estrita orde de inscrición e as primeiras 20 persoas inscritas recibirán un correo coa confirmación da súa praza. -Abrirase unha listaxe de agarda con outras 15 persoas para cubrir posibles vacantes, no caso de se produciren. -As persoas que cubran o formulario e non reciban un correo de confirmación non teñen praza e non poderán asistir ao faladoiro.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android