09:45 hasta las 19:00
O Seminario de Estudos Galegos e as institucións de alta cultura do seutempo

O Seminario de Estudos Galegos e as institucións de alta cultura do seutempo

O Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi fundado en outubro de 1923, por iniciativa de nove escolantes universitarios, co amparo dos profesores da Minerva compostelá e dos mestres da Xxeración Nós. A repercusión do SEG en Galicia foi inmensa e deixou un legado de traballo científico e de compromiso coa cultura e a lingua galegas.

Con motivo do seu centenario, alén de moitas outras actividades, terá lugar no Consello da Cultura Galega unha sesión de estudo en clave comparada, analizando o significado e relevancia do SEG en relación con outras institucións de alta cultura da Península Ibérica, como o Institut d’Estudis Catalans (Barcelona, 1907), a Eusko Ikaskuntza-Sociedad de Estudos Vascos (San Sebastián, 1918), ou o Centro de Estudos Históricos (Madrid, 1910), promovido pola Junta para Ampliación de Estudios (JAE). A estes centros españois engádese, pola estreita relación que o SEG tivo con Portugal e a súa cultura, o caso da Sociedade Martins Sarmento, fundada en Guimarães (1881) en honor do arqueólogo e erudito que lle dá nome.

Todos estes centros de alta cultura comparten a condición de ser complemento ou alternativa de institucións xa existentes (academias, universidades) e caracterízanse por desenvolveren programas de investigación e de difusión da ciencia e da cultura, como era común nos centros de altos estudos ou seminarios creados desde finais do século XIX en toda Europa, nomeadamente en Alemaña, o Reino Unido e Francia, que foron os espellos no que se miraron os promotores das institucións ibéricas.

As tres institucións españolas tiveron un percurso histórico análogo no seu nacemento e evolución ata a guerra civil, pero tamén padeceron procesos semellantes a partir de 1939, coa súa extinción oficial ou, nos casos do SEG e dae JAE, a súa substitución por parte da nova institución creada en 1939, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Este final tamén permite unha análise comparada, así como a súa diferente restauración ou prolongación en tempos democráticos.

Máis información e inscrición http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201656

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android